miércoles, 15 de abril de 2015

Celtarras

Durante a tempada 87/88 aparece en Balaidos a faixa de Celtarras na esquina de Gol con Tribuna. Non tardaría en aparecer a faixa de Galiza Ceive ao carón da principal do grupo, esta última en letras vermellas sobre fondo celeste. Tamén comezan os desplazamentos, como por exemplo ao Molinón xixonés, onde se compartíu, xunto co resto de peñas célticas, bancada cos Norte Xixón (daquela, Norte Gijón), que manterían por aquel entón boas relacións con Xuventudes Celestes, que seguían a ser o pincipal foco de animación xuvenil en Balaidos. Inda que cada  un ao seu modo, tanto Celtarras como Xuventudes Celestes ou Comando Celta tiveron sempre un marcado carácter nacionalista galego, e por suposto, nunca o racismo nen o fascismo tiveron cabida neles. Na tempada 90/91, a xente de Celtarras acudíu pola súa conta ao Coruña-Celta en Riazor, onde os enfrontamentos cos hinchas coruñeses reproducíronse durante todo o día. No encontro da segunda volta, os Blues foron escoltados ata Balaidos, algo que non evitou os altercados tanto no interior como nos exteriores déste. Aquel día, Celtarras situouse na bancada de Marcador, sabedores de que os coruñeses serían ubicados na bancada de Fondo. O intercambio de bengalas e outros obxectos dunha bancada á outra foi espectacular, e a policía non puido facer nada por evitalo. Os graves altercados que se sucederon á conclusión do encontro por diversas rúas viguesas, escandalizaron á opinión pública, posto que nunca antes se vivira algo semellante nun encontro de fútbol disputado en Vigo. Este partido significaría o bautismo de Celtarras en canto a acaparar minutos e páxinas nos medios de comunicación. Dende o seu nacemento, Celtarras sempre tentou levar a cabo unha liña coherente coas súas ideas, e de compromiso político e social. Á participación máis ou menos activa de membros desta peña en diferentes colectivos, organizacións e actos de índole estudantil, política, social, etc., tiveron sempre a súa continuidade no campo de fútbol, a través dos diferentes cánticos, berros, faixas e iniciativas levadas a cabo. Foron, son e serán moitos os moitivos polos que traballar e loitar a reo. Ata o dagora, fumos solidarios cos insubmisos, cos presos políticos galegos e doutros paises, coa loita dos mariñeiros, co pobo irquí, e con Cuba, con Palestina, con Timor, cos traballadores dos asteleiros, coa traxedia do Prestige, cos vecinos de Teis afectados pola empacadora de Guixar, cos tupacamarus asasinados polo exército de Fujimori,Pero dende 2004, no que os nosos amigos Teto e Luís foron secuestrados polo estado español, nunha das súas cárceres de exterminio, a nosa loita principal é a relacionada coa súa liberación e axuda, para o cal creouse o CCCP (Coleitivo de Colaboraçom Celtarras Presos) para organizar e canalizar dunha forma máis axeitada toda esa axuda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario